LINGUIST List 32.1640

Tue May 11 2021

Summer Schools: Análise avanzada de textos e corpus textuais / Spain

Editor for this issue: Sarah Robinson <srobinsonlinguistlist.org>



Date: 11-May-2021
From: Alba Fernández Sanmartín <alba.fernandezusc.es>
Subject: Análise avanzada de textos e corpus textuais / Spain
E-mail this message to a friend

Análise avanzada de textos e corpus textuais

Host Institution: Universidade de Santiago de Compostela
Website: https://gramatica.usc.es/cursos/verano2021/

Dates: 28-Jun-2021 - 02-Jul-2021
Location: Santiago de Compostela, Facultade de Filoloxía, A Coruña, Spain

Focus: O obxectivo principal do curso é familiarizar aos asistentes coas técnicas básicas da análise lingüística de textos e corpus textuais, combinando a exposición teórica coa práctica inmediata do introducido previamente.
Minimum Education Level: No Minimum


Description:
O primeiro módulo céntrase nos aspectos teóricos e prácticos da anotación morfosintáctica, tomando como base as experiencias no procesamento de corpus como CORGA, ESLORA e CAES.

No segundo módulo trátase de profundizar nas aplicacións de consulta xa construídas dos corpus anteriores e tamén do CORPES e máis o CORDE, insistindo na creación de corpus virtuais, buscas de proximidade e emprego de operadores booleanos.

No terceiro bloco, introduciranse ferramentas de análise de textos procedentes do mundo Unix / Linux, coa intención de facilitar a obtención de información lingüísticamente relevante en textos ou corpus construídos polos asistentes.


Tuition Explanation: Taxa xeral: 120 €
Taxa reducida: 70 € (aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC)


Registration: 11-May-2021 to 18-Jun-2021

Contact Person: Victoria Vázquez Rozas
Email: victoria.vazquezusc.es


Registration Instructions:
1.- On-line

No enderezo https://www.usc.gal/gl/servizos/cultura/veran, premendo sobre o botón MATRICÚLATE do curso desexado. Sigan as instrucións en cada paso.

Se o curso ten límite de alumno/as, a aplicación indicará se quedan prazas libres e, de non ser así, daralle a opción de entrar nunha lista de agarda. No caso de que se produza algunha baixa, recibirá unha notificación por se aínda desexa inscribirse.

O pagamento poderá realizarse directamente con tarxeta ou ben imprimindo a folla de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria, tendo 5 días naturais para facer o pago; de non ser así, a inscrición quedará cancelada. En calquera dos casos, haberá que remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición. Así mesmo, as persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acompañar copia do xustificante que acredite a súa condición para acollerse á taxa reducida.

2.- Presencial

Acudindo a algún dos centros de matriculación referidos máis abaixo.

As persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acreditar a súa condición para acollerse á taxa reducida.

Na secretaría, unha vez cumprimentados os datos persoais, entregaráselle unha folla para realizar o pagamento na entidade bancaria da que deberán remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición.

3.- Por teléfono

No caso de imposibilidade de facer a inscrición por internet ou presencialmente, contacten por teléfono con unha das dúas secretarías da Universidade de Verán onde se lle dará instrucións para realizar a matrícula.

Centros de matriculación e información

Campus de Compostela:
Área de Cultura – Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
Teléfonos 881 811 018 e 881 811 103

Campus de Lugo:
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono 982 821 513

cursosdeveranusc.es
http://www.usc.es/cultura/veran

Page Updated: 11-May-2021